ES/GA/EN/PT
   Novas

 



¿Falamos?
logo_pardo



Solucións integrais para os seus proxectos

Pardo & Asociados é unha empresa adicada á presentación
de servizos técnicos de enxeñería, arquitectura e consultoría.
Volver ao home

Empresa


empresa2
Realizamos a nosa actividade por medio dunha equipa multidisciplinar formado por enxeñeiros, arquitectos e licenciados altamente cualificados e con elevada experiencia nas súas áreas de actuación o que nos permite abordar todos os proxectos dende unha óptica global, supoñendo un factor diferencial á hora de acometer os diversos traballos.

Proporcionamos solucións eficientes e concretas ás necesidades dos nosos clientes, tanto públicos como privados, baseándonos nun innegable compromiso coa calidade, a orientación ao cliente e a solvencia empresarial.

Os servicos profesionais que ofertamos integran todas as fases do proxecto, dende os estudos previos ata a posta en explotación, mediante a Dirección Integrada de Proxectos, que ten como misión fundamental garantir o cumplimento dos obxectivos de calidade, custe e prazo de execución, estruturándose en varias fases:

Estudios de consultoría.

Formulación e redacción de proxectos.

Xestión de licenzas e permisos.

Xestión de contratacións e de construcción.

Coordinación, supervisión e inspeción técnica.

Dirección de obra.

Asistencia á posta en explotación.


MISIÓN

A nosa misión consiste na prestación de servizos técnicos de enxeñería, arquitectura e consultoría, proporcionando aos nosos clientes solucións integrais e eficientes destinadas a satisfacer as súas necesidades.


VISIÓN

A nosa visión é ser recoñecidos polas nosas elevadas competencias nos servizos que prestamos.


VALORES

Orientación ao cliente, adaptándonos ás súas necesidades e antepoñendo os seus intereses aos nosos.

Compromiso coa máxima calidade nos servizos prestados.
Competencia profesional, que permita proporcionar respostas áxiles e servizos excepcionais.

Eficiencia na utilización dos recursos dispoñibles.

Contribución ao desenvolvemento sostible.
empresa1

 
empresa3