ES/GA/EN/PT |
Novas | Descarga o Catálogo | Área Privada | Contacto | |||
|
|||||||
|
|||||||
LEGAL |
|
Realizamos a nosa actividade por medio dunha equipa multidisciplinar formado por enxeñeiros, arquitectos e licenciados altamente cualificados e con elevada experiencia nas súas áreas de actuación o que nos permite abordar todos os proxectos dende unha óptica global, supoñendo un factor diferencial á hora de acometer os diversos traballos.
Proporcionamos solucións eficientes e concretas ás necesidades dos nosos clientes, tanto públicos como privados, baseándonos nun innegable compromiso coa calidade, a orientación ao cliente e a solvencia empresarial. Os servicos profesionais que ofertamos integran todas as fases do proxecto, dende os estudos previos ata a posta en explotación, mediante a Dirección Integrada de Proxectos, que ten como misión fundamental garantir o cumplimento dos obxectivos de calidade, custe e prazo de execución, estruturándose en varias fases: Estudios de consultoría. Formulación e redacción de proxectos. Xestión de licenzas e permisos. Xestión de contratacións e de construcción. Coordinación, supervisión e inspeción técnica. Dirección de obra. Asistencia á posta en explotación. |
MISIÓN
A nosa misión consiste na prestación de servizos técnicos de enxeñería, arquitectura e consultoría, proporcionando aos nosos clientes solucións integrais e eficientes destinadas a satisfacer as súas necesidades. VISIÓN
A nosa visión é ser recoñecidos polas nosas elevadas competencias nos servizos que prestamos. VALORES
Orientación ao cliente, adaptándonos ás súas necesidades e antepoñendo os seus intereses aos nosos. Compromiso coa máxima calidade nos servizos prestados. Competencia profesional, que permita proporcionar respostas áxiles e servizos excepcionais. Eficiencia na utilización dos recursos dispoñibles. Contribución ao desenvolvemento sostible. |
||||